viernes, 24 de enero de 2014

Charla sobre as aplicacións da física nos eidos da nanotecnoloxía, biofísica e termodinámica

O pasado xoves, 23 de xaneiro, os alumnos de bacharelato puideron asistir a unha charla sobre as aplicacións da física nos eidos da nanotecnoloxía, biofísica e termodinámica impartida pola doutora Patricia Losada Pérez, profesora da Universidade de Hasselt, Bélxica e ex-alumna do noso Centro. Foi un pracer escoitala ademais de moi interesante. A continuación tedes unhas fotos da charla. 



Moitas grazas, Patricia!